Catro cousiñas garda Ourense
que dan moito que falar.
As Termas, As Burgas, A Ponte Vella
e o Santo Cristo da catedral.
Xa de nena oín contar
como a súa barba e longa melena
non deixan nunca de medrar.
Mais un anxiño gardián
baixa cada certo tempiño,
a cortarlle con moito agarimo
un anaquiño.
Creralo ou non o crerás
o que conta é a fe e nada máis.
As velliñas do lugar
nunca lle deixan de pregar,
pois o Cristo milagreiro
as protexeu no seu fogar.
O tres de Maio xúntanse na catedral,
os fieis que ao pé da cruz
con piedade se van a postrar,
mentres bendicen o pano coa reliquia
agochada tralo altar.
