viernes, 17 de mayo de 2013


Paxariños rebulideiros

A miña terra galega
está tan chea de beleza,
que no seu ventre enxendra
as máis míticas lendas.

Os paxariños rebulideiros
percorren con moito xeito
as hortas que o labrego
coida con tanto esmero.

Cando o paporrubio vai á leira
nin sequera pode respetar a xesta,
para levarlle aos fillos de cea
unha enchenta de ricos vermes.

A pega, xuntándose co corvo,
barren cereixas e mailo trigo,
sin esquecerse da semente do millo
nun récord de visto e non visto.

Cando o bo tempo se aveciña,
o cuco madrugando ca anduriña,
chegan a nosa fermosa Galiza
onde reciben unha boa acollida.

Mª Isabel García Muñoz
14-05-2013


No hay comentarios:

Publicar un comentario