A Paca e máis a Rebecha son dúas vellas avarentas, é aínda que ningunha está na miseria, tanto unha coma a outra actúan como se o estiveran, facendo malabarismos cando se trata de soltar unhas moedas. Nas vésperas do San Martiño, andaban cada unha pola súa banda na procura de castañas, pensando en facer o tradicional magosto como Deus manda. A Paca foi decidida a visitar os seus castiñeiros, e atopouse co chao repleto de castañas, mais os vermes
agochados nesa froita tan ruín, xa fixeran con elas un festín, e cando ela se puxo a rebuscar, nin sequera puido atopar unha soa sá. Como na súa mente non tiña gravada a palabra mercar, pensou en ilas roubar. Moi preto da súa casa, dentro dunha pequena aira, erguíase chea de maxestosidade unha nobre e fermosa árbore.
As súas castañas abundantes, eran saborosas, fariñentas e moi grandes; non había en toda a comarca ningunha outra que puidese comparárselle. Cara alá foi a Paca con gran ansia, coa idea de aproveitarse das benditas castañas, cando atopou a Rebecha debaixo do castiñeiro do Perico, toda afaenada enchendo unha saca de castañas. Entón a Paca, chea de razón, increpou á Rebecha, dicíndolle: -¡serás descarada!. ¿Como te atreves a roubarlle á veciñanza?. Entón contestoulle a Rebecha sen cortarse nin un ápice: -¡mala centella te parta!, tu non eres a dona desta aira, así que aquí non pintas nada. Así seguiron a discutir as dúas, por unhas froitas que non eran súas. Trala fiestra dunha casa cercana, un veciño as obserbaba sen que elas se decataran, e como xa outrora as tiña visto en eido alleo andar ás agachadas, collendo castañas, noces e fabas, sen dubidalo, deu a voz de alarma. Así foi como o Perico montando garda, evitou que volveran ás andadas, e chegou a gozar coa súa familia das saborosísimas castañas.
O que a roubar calquera cousa se baixa, perderá a confianza dos seus veciños de forma inmediata.
No hay comentarios:
Publicar un comentario